Notas informativas

 

Historia do

PPXOM de A Estrada

1

HISTORIA DO PPXOM de A Estrada

 

 

 

 



Comenzóu fai algún tempo
o conflicto deste PPXOM
ao eles non facer caso
das nosas alegacións.

Xuntáronse 1700 firmas
pero estas non contaron
xa que din que catro ricos
foron os que as inventaron.
-----------------
Concebiron este PXOM
para casi 150.000 persoas.
¿Para dentro de 8 anos?,
¡ Parece cousa de broma !.

E casi 100 campos de fútbol
o Concello quere mercar
¿Para dentro de 200 anos?.
¿Terán cabeza? ou ¿non terán?

Tamén pensan dar o golpe,
un gran pelotazo urbanístico
ó sacarlle terras a uns poucos
para defender os seus vicios.

Que son estar no seu sillón,
e nos viaxes a Arxentina
para así a conta de nós
darse moi ben á boa vida.

Mentras tanto deixan construir
en lugares moi alonxados
Figueroa, as Colonias...
para así ter todo amarrado.

 

¿Quen vai vender eses pisos
si deixan obrar no centro?,
quedarían ahí aburridos
e non darían bo sustento.
-----------------
No rural gañan ben poucos,
pois son mais ben perdedores
xa que a maior parte das fincas
nin queda para sementar frores.

A Lei do Solo e asasina
co noso medio rural,
mais pintaron áreas e núcleos
moitas de xeito ilegal.

Uns poucos se beneficiaron,
e algúns nin se enteraron,
sacárónlle a outros as leiras
e así casi os arruinaron.

Os técnicos din que faltan
camiños, casas por pintar,
e alí donde hai parcelaria
as cousas tamén están mal.

E agora, Fomento para colmo
100 metros quere matar
arredor da Variante da Estrada,
¡ outra burrada máis ¡

A Lei frea o desenrolo rural,
nin moderniza, nin deixa
novas explotacions crear,
nin tan siquera as vellas ampliar
-----------------
A Dirección Xeral de Obras Públicas
dí que conformidade non otorgaría,
á circunvalación norte, nin sur,
nin ao trazado de ditas vías.
-----------------
E xogan cos presupostos
como si fose con pesetas,
que para eso está Arca,
din que facendo piruetas.

Pensa que é malabarista
das nosas “Arcas” municipáis,
pero á Interventora é moi lista,
deixóuno en pelotas sin mais.

O Concello “non ten cartos”
e esto non ten remedio,
agora están co cú o aire
e cagadiños de medo.

¿Porqué non mercaron, non,
a Torre de Guimarey,
tan solo por 60 millóns?
¡ Mira que son papóns ¡

Dos Xardíns era propaganda
tan solo unha promesa,
os proxectos os tiñan algúns
gardados na súa mesa.

Si o Concello mercase solo
para facelo industrial,
virían moitas empresas
pois barato o irían mercar.

Pero o solo industrial non é público
e así mais cartos costa,
e de estar en mans duns poucos
non será a mellor cousa.

E así esto, non escriben
un solo número no PXOM,
sobre os cartos do Concello
inda que é obligación.

Tamén minten coma bellacos
cando falan da Diputación
pois contan cos seus cartos
ao igual que cos da CPTOPT.

Pero todo eso é mentira,
xa nos informes dixeron
que con eles non contaban
para este PXOM pepero.

¡ Non é economicamente viable ¡
esto o din informes varios,
os dos técnicos, intervención
e tamén ó do secretario.

Ás zonas verdes valorar
a 12 euros o metro cadrado,
din que as van mercar
coma se merca un xelado.


Aprenderon a cantar,
Barato, barato, barato,
o precio das nosas fincas
inda nosas por un rato.

Pero mañan xa veremos
si nos aproban o PXOM
pois unha parte é para o Concello
xa que quere comisión.

Comisión para presumir
de ¿solo público gratuito?
despois de sacarllo a uns poucos
para quedar eles de chulitos.

Collen terreos para o ambulatorio
zonas verdes e algo máis
todo esto a conta duns poucos
xa que así a xente os votará.

Por eso ilegalmente cambian
das fincas a súa clasificación,
para facerse con elas
sin moverse do sillón.

E logo con esas ilegáis
cesións que collerían,
a nosa conta estes tipos
propaganda se facían.

Eso está claro paisanos
só nos queren para votar,
o PpXOM é propaganda
non vos deixedes enganar.

Pois esto é a capricho deles
xa que as leis non respetan
e o fan a sabendas, inda que
en contenciosos nos metan.

Eles quedarán ben,pero non estarán
cando saian os contenciosos,
cas indemnizacións millonarias
moi dignas de morosos.

Agora temos experiencia
ca demolición de Codeseda
pagaremos todos o pato
si o alcalde non o enmenda.

 

Pulsar para subir

2

Deberían pagar eles
todos os seus desatinos,
mais como políticos que son
escúrrense nestes timos.
-----------------
E o Sr. Rosón co dedo
fai os solos clasificar
ao antoxo de Reboredo
e sabemos dalgún mais.

Técnico non é; é excravo do PP
pois dí que escribe ao dictado
para cando eles queiran, sexa
consolidado ou non consolidado.

Na 25 de Xullo e San Antón,
eso xa se estivo a ver,
pois antes eran consolidados
e agora están por ver.

Para eles é invisible
a Rúa Antón Losada,
¡ esto é algo increíble ¡.
¡ Qué magos ten A Estrada ¡

Está claro que é mentira
o que diga este señor,
pois opina como lle mandan
polo tanto non ten razón.

E así fala este fulano
da malla urbana existente
que é a de fai 28 anos
mais non é a presente.

Moitas das rúas abertas
e con gran circulación
non están na malla urbana
porque o dí o Sr. Rosón.
-----------------
Intereses inmobiliarios
cabría pensar casi sin máis,
que os teña o Concello
ou ben algún concellal.

“Non procede a ampliación
do solo urbano vixente”,
din que a Xunta mandóu
para eles ser obedientes

Que os políticos mandan,
de boa tinta o sabemos,
en cuestións como estas
non nos chupamos o dedo.

Pensamos que foi alguén
o que desde a Estrada mandóu
esto á Xunta escrever
¿sería Míster. Palmóu.?

E deixan o solo conxelado
arredor do núcleo urbano.
paralizando a construcción
ata quen sabe que ano.

Queremos haia mais solo
e así mais barato sairá;
impedindo a construcción
nin traballo, nin solo habrá.

Pois o que están a facer así
estos Señores do Concello,
é aumentar o precio da vivenda
en vez de poñer remedio.

Na Avenida de Santiago
moi lonxe da nosa Farola
puséronse a construir
inda sendo cousa tola.

Agora pretenden facelo
hasta a rotonda das Colonias
para que a xente teña que andar
e así sempre esté na gloria.
-----------------
¿Como vas explicar, Reboredo
aos teus queridos paisanos
que moitas casas de Patrimonio
quedan fodidas por anos.?

Deixan dar menos pisos
pouco se pode cambiar,
en algunhas será lóxico,
noutras se podería obrar.

Ide o novo informe mirar
pois a ordenanza dezasete
non vos vaian a enganar,
nin deixaba ir ao retrete.
-----------------

O BNG si se posiciónóu
falando en contra do Plan,
e dos veciños a favor,
pero debería berrar mais.

Non nos queda máis remedio
que mais mal que ben pensar
dos concelleiros socialistas
polo moi calados que están.
-----------------
E convocóuse unha reunión
din que coas asociacións,
mais non estaba AEDRU
para falar das súas opcións.

Foi alá no Saloon Teatro
e contábanse cun dedo
os que estaban presentes
¿ás órdenes de Reboredo?.

Quixeron facernos ver
que dacordo estaban ¿varios?
comerciantes, políticos
amas de casa e empresarios.

E fixeron un manifesto
para xudicializar a cuestión
ao non deixar mais vía,
como PSOE e PP decían.

Namentras Aedru estaba
co PP que non escoitóu,
o que con eles se falaba,
pero o Alcalde, sí insultóu.

E o día despóis chegóu,
tamén no mesmo Teatro,
e agora enchéuse de todo
i eles eran catro gatos.

E tivo o socialista Espiño
pois sabe que se fixo mal,
recoñecer, que “este” Plan
non ten aceptación social.

E os do PP saíron escorrentados
entre gritos de dimisión
pero a eles non lles importa
pois esta é a súa profesión.
-----------------

Tamén entregamos con cariño
unha carta a Touriño
que alguén intentóu arrincar
diante dos nosos fuciños.

Foron uns maleducados
con sorpresa do Presidente,
quedando así de mal
diante de toda a xente.
-----------------
Xa vivimos no Entroido,
neste “Untamento” co PXOM,
pois cambian de personalidade
mais sin cambiar a cuestión.

A Xustiza procesóu
ao Alcalde e Concellalía
e agora van a ser
eles mesmos, policía.

Parecen nosos gobernantes
presuntos delincuentes,
pois xa o din os procesos
a vista de toda a xente.

Policía urbanistica queren ser
algúns dos varios procesados
por esta mesma cuestión.
¡ Para quedarnos pasmados ¡
-----------------
Non entendemos o porqué
están tan tan convencidos,
de que“este” PXOM esté ben,
indo en contra dos veciños.

¿Porqué durante de 14 anos
estiveron tan ausentes,
esta pandilla de ppaisanos?
¿serán incompetentes?.

Pretenden agora aprobálo,
sin corrixir e sin respeto,
pois en algo debe irlles
este asunto no seu peto.

Así escríbese a historia,
entre PSOE, BNG e PP,
pero non canten victoria,
¡contamos con AEDRU.ORG !

Pulsar para subir
NOVAS COPLAS: OS PRESUPOSTOS DO ENTROIDO.

10 de marzo de 2006

Xa o tiñamos decido
que este goberno xa morrido
iba a meter man nos bolsillos
de todos os seus veciños.

Mais non se alarmen señores
que vostedes os votaron
e si agora non os queren
terán que agora botálos.

Estos presupostos de Entroido
veñen que nin ao pelo
a cofirmar todo o que xa dixo
o noso colectivo AEDRU .

O goberno monicipal
tira dos nosos bolsillos
co SR. Campos ao frente
ao igual cos tipos pillos.

Cando xa sexa imposible
vaciárnolos un pouco máis
subirán os impostos
para seguir donde están.

Este PXOM vai aumentar
os pre-supostos un 70 por cen.
Menudo negocio nos fan
e todo parece moi ben.

Aumentarán os impostos
un cento vinte por cento
para que todo veciño
quede a mar de contento.

Aos funcionarios municipáis
non lles chegan os cartos
e mentras andan a protestar
de comidas o goberno é farto.

E así temos que decirvos
que non é xente de fiar
pois con mentiras e ameazas
pretenden as espaldas tapar.

Dixemos tamén sempre
que na Xunta o van tumbar
pois está claro que da Lei
pasaron dela sin máis.

Si é que contan mentiras,
e que algo están a ocultare,
serán cartos ou maniobras
feitas na oscuridade.

Este PXOM non é legal
nin económicamente viable,
pero queren que o traguemos
e que non nos parezca mal.

Non pararon de contar
unha mentira tras outra
pretendendo convencer
aos que non son da súa corda.

As fincas non son vosas,
que son nosas, cantamos un día
para que deixaran de xogar
alegremente coas nosas vidas.

No rural cando non é rústico
resulta ser forestal
e a finquiña que me queda
non vale para edificar.

Van quedar co cú ao aire
cando a Xunta tumbe o PXOM
e todos os que o bendecían
quedarán como trampóns.

Fixeron o PXOM a súa medida
pasando da Lei e dos veciños
para defender os seus antoxos
pero lle van dar nos fuciños.

Pulsar para subir